
A Burata da Moura
A Burata da Moura está a menos de 300 metros do actual lugar de Xinzo de Eiras, a carón do Castro Martiño.
O Castro Martiño, un poboado relacionado cos recursos minerais da contorna, podería ser datado entre finais da Idade do Bronce e a Idade do Ferro. Trátase dun óvalo orientado de nordeste a suroeste, cunha superficie intramuros cercana ás dúas hectáreas. As estruturas son difíciles de ver, pero aínda podemos adiviñar algúns muros, terrapléns ou foxos polos límites do parcelario. As defensas cara o oeste son naturais, con unha forte pendente cara o val do regueiro de Farcixo.
